22:30
CONCERTO | Lumedoloop + Saibran

CONCERTO | Lumedoloop + Saibran

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
🔊 𝗟𝗨𝗠𝗘𝗗𝗢𝗟𝗢𝗢𝗣 + 𝗦𝗔𝗜𝗕𝗥𝗔𝗡 presentan os seus primeiros traballos discográficos con tres concertos dobres en salas do país 💿✨

🌼 𝗦𝗮𝗶𝗯𝗿𝗮𝗻 (@saibranyiyi) é o proxecto persoal de Cibrán García. O rapeiro de Santiago vén de lanzar o seu primeiro disco, 𝘼𝙩𝙖𝙧𝙙𝙚𝙘𝙚𝙧 𝙃𝙖𝙧𝙢𝙤𝙣𝙞𝙤𝙨𝙤 𝙘𝙤𝙣 𝙂𝙤𝙩𝙖𝙨 𝙙𝙚 𝙋𝙧𝙞𝙢𝙖𝙫𝙚𝙧𝙖, que está a presentar en directo acompañado de Julián Goicoa ao baixo e Fiz García á batería.

🔥 𝗟𝘂𝗺𝗲𝗱𝗼𝗹𝗼𝗼𝗽 (@lumedoloop) son Jamas, Møu e DJ Mil: tres referentes do hip hop galego que presentan en directo (𝙍𝙚)𝙚𝙭𝙞𝙨𝙩𝙚𝙣𝙘𝙞𝙖, o seu primeiro LP conxunto. Sobre o escenario, despregan o triángulo conceptual do disco: a Rexistencia —o lume da loita—, a Reexistencia —o loop da transformación— e a Existencia —o froito de resistir e transformarse, a presenza plena—.

🗓️ 𝟮𝟭 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗿𝘇𝗼
📍 CLUB CLAVICÉMBALO (LUGO)
🕥 22:30 h
🎟️ https://entradium.com/events/saibran-lumedoloop

🗓️ 𝟭 𝗱𝗲 𝗮𝗯𝗿𝗶𝗹
📍 SALA FILOMATIC (A CORUÑA)
🕥 22:30 h (apertura de portas ás 22:00 h)
🎟️ https://entradium.com/events/lumedoloop-saibran

🗓️ 𝟭𝟬 𝗱𝗲 𝗺𝗮𝗶𝗼
📍 SALA REBULLÓN (MOS)
🕥 20:30 h
🎟️ https://entradium.com/events/saibran-lumedoloop-mos

A que agardades para reservar a vosa entrada?🎙️💥 Vide vivir unha noite de rap en estado puro!
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android