Buscas plan para San Valentín? "Colección Romántica" no Club Clavicémbalo. Un proxecto musical cun formato intimista de piano (David Taboada) e voz (Sergio Alba). Unha coidada selección de temas de grandes artistas de diversas latitudes, pensada para crear unha experiencia emocional inspirada pola música. Unha viaxe máxica, onde se mima cada canción, para conectar co público a través de letras e melodías que farán fluír as nosas emocións.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar