The Scaners, a tripulación francesa de punk asasino chegada directamente do ano 2077, aterra o martes 3 de Marzo no Club Clavicémbalo para liderar unha abdución masiva a golpe de sintetizadores eléctricos e garage-punk de alto voltaxe. Despois de infectar Europa e os EUA coma un virus sen cura, regresan armados co seu terceiro artefacto: “SCANERS III”. Ruído, suor e destrución controlada. Non veñen en paz. 🎵 The Scaners - No Return https://youtu.be/n1YYXYcgGtA?si=FeqPcr__maBzBju9
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar