20:00
Victor Cageao e as Coleccións Reais

Victor Cageao e as Coleccións Reais

📢 VICTOR CAGEAO E AS COLECCIÓNS REAIS.
📅 26 de febreiro de 2026
🕗 20:00 h
📍 Delegación do COAG
A Delegación do COAG acolle unha xornada con Víctor Cageao, quen falará sobre a dirección dunha das coleccións máis relevantes integradas en Patrimonio Nacional e a súa relación coa Galería das Coleccións Reais, un dos edificios clave da arquitectura contemporánea no noso país.
A sesión abordará a xestión, conservación e difusión dun patrimonio de enorme valor histórico e simbólico, así como o papel da arquitectura actual na construción do relato institucional e cultural do Estado.
Arquitecto pola ETSAC, Cageao desenvolve a súa carreira no ámbito da xestión cultural e patrimonial, formando parte do equipo directivo das Coleccións Reais, onde coordina e pon en valor fondos históricos de primeiro nivel.
🔗 Actividade aberta ao público. Precísase inscrición previa na ligazón.
https://www.coag.es/charlas/info.asp?id_charla_p=1142

Ao remate haberá un pincho para continuar a conversa de maneira distendida.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android