O Meetup de WordPress de Lugo organiza unha charla sobre "Accesibilidade Web en WordPress". Juan Ramón Morales, deseñador gráfico e web, e membro da comunidade de WordPress, será o encargado de presentar as bases e trucos para crear sitios web accesibles para todas as persoas. O evento terá lugar no Auditorio do Vello Cárcere en Lugo o mércores 25 de febreiro ás 19:00 horas. A accesibilidade web é crucial para mellorar a experiencia do usuario, aumentar a reputación e reducir riscos, permitindo que máis persoas poidan interactuar cos contidos en liña. +INFO https://www.meetup.com/es-es/wordpresslugo/events/313310229/?eventOrigin=group_upcoming_events
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar