Exposición temporal «Personaxes do Entroido Galego» – C. Padín «O Entroido galego é a festa máis auténtica, popular, anárquica, participativa e extravagante do ano. Unha festa na que se manifestan os costumes, agudízase o humor e elévase o ánimo e todos podemos rirnos de todo. O Entroido galego, é unha celebración de longa tradición popular, tamén na provincia de Lugo. Non podemos esquecer que Galicia foi unha das poucas rexións de España que continuou celebrando o entroido, a pesar da prohibición. Aínda que algúns personaxes, costumes e caracterizacións xa se perderon. Hoxe o entroido galego goza de moi boa saúde, xa que hai un grande interese pola xente nova xunto cos maiores dos nosos pobos, pola recuperación do que noutros tempos crearon os nosos antepasados. E como en toda boa festa, non pode faltar a “papancia”. Son días onde se comen abundantes cocidos e sobremesas tradicionais como as filloas e as orellas. Nesta exposición con máis de 100 obras, móstranse os personaxes máis característicos do noso entroido galego.» C. Padín 🗓️ Do 5 de febreiro ao 30 de marzo do 2026 📌 Bloque de mulleres – planta baixa e 1ª planta
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar