00:00
Breasón '25 en Mondoñedo

Breasón '25 en Mondoñedo

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
Actuacións de Biznaga, Grande Amore, 9Louro, Malvela, Señora DJ, Femfarria, María Raxeta e Meniñ@s da Mariña, formada pol@s alumn@s da escola da Asociación de Música de Baile Tradicional Gaita Escola de Mondoñedo.

Aos concertos, a partir das 21.00 horas na Praza da Catedral, con entrada de balde, súmase  un programa de actividades que inclúe un roteiro polas rúas de Mondoñedo – ás 12.00 e as 17.00 horas – e obradoiros de artesanía -cantería, títeres, cerámica e serigrafía – no Barrio dos Muíños. 

Ao longo da tarde haberá tamén un magosto e unha foliada.

Ademais, haberá unha exposición de ilustracións de artistas galegas no Casino de Mondoñedo

A organización habilitará unha zona de acampada nas instalacións deportivas de Viñas da Veiga.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android