20:30 hasta las 23:59
AS SAN LUCAS DE MONDOÑEDO 2025

AS SAN LUCAS DE MONDOÑEDO 2025

AS SAN LUCAS DE MONDOÑEDO 2025

Festa de Interese Turístico de Galicia

As campás da catedral de Mondoñedo, acompañadas de potentes bombas, anuncian ao mediodía o comezo das San Lucas, unha das máis importantes feiras tradicionais de Galicia, cuxa orixe se remonta a 1156, ano no que Afonso VII concedeu á vila unha festa de oito días. Pola tarde ten lugar o pregón, en presenza da raíña das festas e as dúas damas de honra, o sanluqueiro, as autoridades e membros da Comisión de Festas e os xigantes e cabezudos, que desfilan ata o Auditorio Municipal acompañados dun grupo de gaitas.
As feiras das San Lucas son, fundamentalmente, de gando. A apertura da feira cabalar ten lugar o sábado, día que se celebra tamén a misa na honra de San Lucas, cunha masiva asistencia de público. O concurso de gando no recinto feiral complétase cun concurso de andadura galega, modalidades serradas (dous tempos) e chapeada (catro tempos), un concurso canino e distintas exhibicións de cans, no Pavillón Municipal. O último día das festas é o día das maulas, no que todos os produtos da feira se venden a metade de prezo.
Non faltan charangas, xogos tradicionais, verbenas e concertos todos os días, e unha feira-mostra de produtos agroalimentarios e de maquinaria.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android