N/D
XXXIII MERCADO MEDIEVAL DE MONDOÑEDO
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
XXXIII MERCADO MEDIEVAL 2025 | MONDOÑEDO Festa de Interese Turístico O centro histórico de Mondoñedo, singularizado pola Catedral Basílica da Asunción, foi declarado conxunto histórico-artístico en 1985, o que constitúe un marco ideal para a celebración desta festa que se celebra na segunda fin de semana de agosto e que transforma esta localidade nunha cidade do medievo. Este mercado medieval é un dos máis antigos da provincia. Na praza da catedral e nas principais rúas instálanse postos de artesáns que mostran os oficios tradicionais da Idade Media. Durante o mercado poden degustarse variadas viandas e participar en xogos populares. Concertos, actuacións, competicións de tiro con arco, Gran Torneo Medieval coa participación de especialistas de hípica celta e tamén se celebra a voda medieval polo rito mozárabe na Fonte Vella. Para non perder: A cea medieval que é o punto culminante do sábado.


