Preto de dez actividades de moi diferentes temáticas conforman a nova programación da área de Xuventude. A gran maioría das propostas comezarán o 13 de outubro e se prolongarán ata o 15 de decembro, como é o caso de zumba, ioga, esgrima, hip hop e expresión corporal e core. Mentres, o taller de graffity “Pinta con nós” desenvolverase o 15 de novembro, e outras propostas como as xornadas de deporte antigo, as rutas de sendeirismo e as sesións de Lugo Comunica terán lugar en diferentes días ao longo do último trimestre deste ano. A nova programación está dirixida a mozos e mozas de 14 a 35 anos, e na súa gran maioría, desenvolveranse na Casa da Xuventude. Desde hoxe xa é posible inscribirse na web https://www.xuventudelugo.gal Algunas das novidades incorporadas ao programa o ano pasado, repiten na programación para este trimestre como as Xornadas de Deporte Antigo, unha actividade que a súa vez inclúe relatorios sobre os gladiatura, adestramentos conxuntos con intercambio de loitas, xogos panhelénicos, acondicionamento físico na antigüidade ou xornada de portas abertas para probar as distintas disciplinas deportivas, entre outras. A programación de xuventude sigue a dar importancia á oratoria e ás técnicas de comunicación e por iso outra das actividades que desenvolverán desde esta área é a denominada Lugo Comunica, con varias sesións entre outubro e decembro nas que os mozos e mozas poderán aprender a superar con éxito unha entrevista de traballo; os métodos máis efectivos para defender con éxito un traballo de, por exemplo, fin de grao; as claves da comunicación asertiva; ou ensaios de entrevistas e exposicións de proxectos. Con estas catro sesións, desde Xuventude queren afondar nas actividades abordadas o ano pasado sobre as cuestións claves na oratoria e os erros máis frecuentes á hora de falar en publico.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar