00:00 hasta las 00:00
Curso de Upcycling Textil, Reciclaxe e Moda Circular | Programa +XTi 2025
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Xuventude e coa colaboración do Plan Nacional sobre Drogas, activa un novo curso gratuíto dentro do programa +XTi centrado na moda sostible e a reutilización de materiais: o Curso de Upcycling Textil, Reciclaxe e Moda Circular. A proposta está dirixida á mocidade lucense de entre 18 e 35 anos e desenvolverase na Casa da Xuventude entre o 6 de xuño e o 19 de xullo. A actividade estrutúrase en dúas quendas alternativas: unha os venres de tarde (de 16:30 a 20:30 h) e outra os sábados de mañá (de 10:00 a 14:00 h). Cada grupo contará con 15 prazas, sumando un total de 30 persoas participantes. Durante as sesións, aprenderán técnicas básicas de costura, reciclaxe e customización, creando totebags, prendas e complementos a partir de materiais recuperados. As inscricións estarán abertas entre o 26 de maio e o 4 de xullo a través da web https://www.lugomasxti.org, na pestana Actividades/Inscricións. A selección farase por orde de inscrición entre as persoas que cumpran os requisitos: ter entre 18 e 35 anos e estar empadroadas ou residir en Lugo. No caso de que queden prazas vacantes, abrirase a posibilidade a persoas doutros perfís. O curso é completamente gratuíto e non require achegar materiais nin contar con experiencia previa. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 982 297 498.


