Pauline en la playa son Mar e Alicia Álvarez, referentes da escea musical independente dende os 90´s; primeiro con Undershakers, banda íntegramente femenina de gran popularidade, e xa dende 1999 como Pauline en la Playa e en clara homenaxe o filme de Eric Rohmer. As Álvarez chegarán a Lugo con toda a súa banda para presentarnos en directo este novo traballo cheo de voces cálidas, guitarras envolventes e synthes evocadores que nos adentran a través de dez cortes no máis profundo do bosque que habita no noso interior. Composicións radiantes que medran luminosas e outras melancólicas, que nos devolven ao final desos días longos do verán. Espéranos unha delicia en directo.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar