23:00
The Twist Connection. Portugal

The Twist Connection. Portugal

Nacen en 2016, lanzaron 5 álbums e 7 sinxelos. Son unha banda de Rock ‘N’ Roll que afonda nas raíces da segunda metade do século XX, inspirándose no nacente Rockabilly dos anos 50, nas diversas correntes estéticas dos anos 60 e na urxencia punk de finais dos anos 70 para chegar ao século XXI coa vista posta no futuro. Sempre buscan a súa propia identidade, cren no poder transformador do Rock ‘N’ Roll e víveno. Así forxaron o seu camiño. Ademais de ter realizado xiras por todo o territorio nacional, xa estiveron presentes en Francia, Inglaterra e, principalmente, en España, onde, en 2019, foron galardoados co Premio “Pop Eye” á mellor banda portuguesa. Levan desenvolvendo colaboracións con nomes como Boz Boorer, Gregg Foreman, Michael Purkhiser, Ruby Ann, Raquel Ralha, Tracy Vandal e Miguel Padilha, entre outros.

Fuente: https://www.clavicembalo.gal/evento/the-twist-connection-portugal/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android