20:30
RFG · IRMANDADE

RFG · IRMANDADE

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 

Baldur Brönnimann, director

Coa participación do alumnado da EAEM

PROGRAMA

Cometa: Encarga a Carme Rodríguez. Estrea absoluta

Arvo Pärt: Fratres

Grażyna Bacewicz: Concerto para orquestra de corda

Louise Farrenc: Sinfonía núm. 3 en Sol menor, Op. 36

Toma o relevo da compositora galega Carme Rodríguez o estoniano Arvo Pärt, un compositor da espiritualidade. Fratres é unha peza composta en 1977 a partir dun simple intervalo no que o violín inicia un percorrido pola éxtase, a axitación e a luz. Inefable é tamén a estética da compositora polaca Grażyna Bacewicz, quen fora excelente violinista e pianista ata que un grave accidente a levou a centrarse na composición, de cuxo talento melódico é excepcional mostra o Concerto para orquestra de cordas. Outra compositora pecha o programa, a francesa Louise Farrenc: pedagoga, intérprete, estudosa e recoñecida compositora no seu tempo, foi admirada por Berlioz polo seu inhabitual talento sinfónico. En 1849 estreou a Sinfonía núm. 3 en Sol menor, que foi a súa última obra sinfónica, na que conflúen a expresividade do clarinete de Mozart e a súa devoción por Beethoven.

Ás 19.45 h, Conversando con... Baldur Brönnimann na Sala Mozart

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/rfg-%C2%B7-irmandade
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android