20:30
RFG · CINEUROPA

RFG · CINEUROPA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA 

Ben Voce, director

PROGRAMA

Sing-Sing. Estrea en España

Director do filme: Greg Kwedar

Música: Bryce Dessner (2023)

Cineuropa chega este ano aos atrís da Real Filharmonía con Sing-Sing, película dirixida por Greg Kwedar e estreada en 2024. Probablemente o nome de Bryce Dessner se asocia máis ás bandas sonoras de The Revenant ou Os dous Papas, aínda que o músico de Ohio conta cunha sólida traxectoria sinfónica. En Dessner conflúen o compositor de música orquestral e o guitarrista de rock da banda The National, con premios como os Globos de Ouro e os Grammy en ambas facetas. Entre as súas influencias conviven, con sorprendente harmonía, Brian Eno, Johann Sebastian Bach e Steve Reich. Para Sing-Sing, Dessner traduce en música o leitmotiv do filme —o poder transformador da arte como forza de resistencia dun home inocente, encarcerado— e faino a través dunha partitura que evoca, ante todo, a liberdade.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/rfg-%C2%B7-cineuropa
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android