20:30
VERTIXE SONORA · SEMENTEIRA PARA CINCO MÚSICOS

VERTIXE SONORA · SEMENTEIRA PARA CINCO MÚSICOS

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
CONTEMPORÁNEAS 2025-2026

VERTIXE SONORA

Pablo Coello, saxofón

Nuno Pinto, guitarra eléctrica

David Durán, piano

María Mogas, acordeón

Diego Ventoso, percusión

Iván Ferrer, medios electrónicos

SEMENTEIRA PARA CINCO MÚSICOS

Estreas absolutas de:
Violeta Cruz (Bogotá, Colombia, 1986)
Sky Macklay (Waseca, EE.UU., 1988)
Tianyu Zou (Guangzhou, China, 1996)
Po Chien Liu (Kaohsiung, Taiwan, 1988)

O conxunto galego Vertixe Sonora, referente internacional da música contemporánea, propón unha das citas máis experimentais do ciclo. O concerto reúne catro estreas absolutas de Violeta Cruz, Sky Macklay, Tianyu Zou e Po Chien Liu, compositoras e compositores de tres continentes que exploran o son como materia viva.

A peza colectiva Sementeira para cinco músicos xorde como un laboratorio de ideas, un espazo onde o xesto, o silencio e o tempo se transforman en corrente sonora. Unha proposta que convida a escoitar a auga non como imaxe, senón como principio compositivo: aquilo que flúe, erosiona e renace.

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/contempor%C3%A1neas-%C2%B7-sementeira-para-cinco-m%C3%BAsicos
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android