20:30
Concerto | Anthony Pateras

Concerto | Anthony Pateras

Sábado 19 de xullo / 20.30 / Liceo Mutante

Anthony Pateras é un pianista, compositor e músico electrónico australiano de longa traxectoria.

O traballo de Anthony é inabarcable e abrangue un amplo de espectro de músicas fóra da norma, desde as súas colaboracións con Sunno))) e Stephen O’Malley á música contemporánea, do seu dúo co vocalista Mike Patton a complexas composicións para orquestra, da exploración das formas do rock experimental á improvisación electroacústica, ao hip hop abstracto, o grindcore, a música electrónica, nada é alleo aos intereses musicais de Pateras.

O seu traballo levouno a percorrer gran parte do mundo, facendo bandas sonoras, compoñendo para prestixiosas e arriscadas orquestras e colaborando cun feixe de músicxs de todos os ámbitos.
Algúns dos seus colaboradores: Mike Patton, Stephen O’Malley, The Necks, Erik M, Maja Osojnik. Robin Fox, Jerome Noetinger, Sean Baxter, Will Guthrie, Natasha Anderson, Paul Lovens, Clayton Thomas ou Valerio Tricoli.

https://www.anthonypateras.com/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android