20:00
BALAGO + CARNE BLANCA
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
BALAGO + CARNE BLANCA. 1 de marzo | 20:00 | Salón de actos do Edificio Sindical de Pontevedra Comezamos a nosa programación ambulante de 2024 de novo no Edificio Sindical. Desta volta temos a visita de Balago, formación xa mítica que leva máis de vinte anos en continuo proceso de transformación viaxando polos recunchos máis recónditos da electrónica. Asentado xa como proxecto unipersoal, en 2020 @foehnrecords publica o que é o seu último traballo ata hoxe, "Els altres", un escuro e fermoso disco de ambient con marcada influencia cinematográfica e experimental. Achegádevos a vos perder un anaco por este exuberante bosque de texturas visuais e sonoras. https://balago.bandcamp.com/ https://www.foehnrecords.com/label/balago/ https://youtu.be/Dg4T53Y55XU?si=9WeWcA3GjTNfVHyD Como anfitrións, Carne Blanca coa súa inclasificable electrónica. Sergio e Corbi, alarido gregoriano, Jeff Buckley baixando o Castrove en patinete eléctrico, dark copla, lamento ambient, Fasenuova no Karaoke Michelena. Mundo Estrella. https://carneblanca.bandcamp.com/album/carne-blanca Coma sempre, entrada a vontade a partir de 5€ integramente destinada ó artista. Grazas especiais ao Ateneo Libertario de Pontevedra



