N/D
ETIQUETA NEGRA. A feira do Gourmet galego
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
ETIQUETA NEGRA. Gourmet galego e innovación inspiradora é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Cidade de Pontevedra. Estamos quentando os fogóns para amosar a gran variedade de alimentos e bebidas de alta gama que se están a facer en Galicia, e os procesos de innovación de produtos, sabores e envases. Empresas, profesionais e público en xeral poderán expoñer, coñecer, probar e testar os produtos galegos que despuntan pola súa calidade e excelencia, os máis innovadores, os que marcan tendencias. A feira abre tamén as súas portas a un público cada vez máis especializado e esixente, que se informa para coñecer o que está a consumir, que lle gusta probar sabores e experimentar texturas novas. https://etiquetanegragourmet.com/


