18:30
Bonne Humeur Provisoire + Neiges Percées na Casa Verde (org. Liceo Mutante)

Bonne Humeur Provisoire + Neiges Percées na Casa Verde (org. Liceo Mutante)

Amigues, mentres seguimos agardando a ter o novo local dispoñible continuamos a armar verbenas cando podemos, alí onde se abren as portas Desta volta, levamos a feira ambulante de novo até a Casa Verde de Salcedo, marabilloso espazo que tan ben nos acolleu en decembro, para gozar de dúas propostas chegadas de Francia

NEIGES-PERCÉES (Nieve-perforá), proxecto radicado en Francia pero con raíces no sur da península, chega co seu flamenco revisitado e experimental. Hai que darlle a volta ás cousas Electrónica e voz que rompe Busca sonora Apoloxía do impuro

https://www.youtube.com/shorts/WBTOWaModI8

https://www.youtube.com/watch?v=8XNDrs8IyAs&t=3s

BONNE HUMEUR PROVISOIRE: Bricolaxe enérxico e trance biomecánico Música popular de países que non existen Voces, percusión, zanfona, contrabaixo e trombón, todo vale contra o inimigo

https://youtu.be/ix8LDVy9pXQ?feature=shared

https://animalbiscuit1.bandcamp.com/album/reliefs

Antes, entre e despois dos concertos estaremos poñendo músicas

Abrimos portas ás 18.30

Agrádecese unha axuda a partir de 5€ para axudar a cubrir os gastos dos músicos viaxeiros

Nestes tempos de derrotas, teimemos no colectivo!!

O fantástico cartaz é de Alouette Machine

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android