O Concello de Lugo, a través da Concellería de Xuventude e coa colaboración do Plan Nacional sobre Drogas, pon en marcha unha nova actividade dentro do programa +XTi que levará deporte, música e ocio alternativo ás prazas da cidade todos os mércores de xullo. A iniciativa, denominada Estilos Urbanos +XTi, aposta por formatos innovadores e creativos que conectan coa mocidade e transforman o espazo público en punto de encontro e expresión. A actividade achegará disciplinas menos habituais no tempo libre xuvenil como o spickeball, o tchouckball, o slackline, o breakdance, o hip hop ou os obradoiros de rap, combinadas con xogos, animación e música en directo. 2 de xullo na Praza Agro do Rolo 9 de xullo en Augas Férreas 16 de xullo na Praza do Castiñeiro 23 de xullo na Praza de Roi Xordo (Praza Roxa). Cada sesión celebrarase en horario de 16:30 a 20:30 horas. As actividades están pensadas para facilitar a participación espontánea, sen inscrición previa, e están abertas á mocidade a partir dos 12 anos. A asistencia é libre por orde de chegada, fomentando así un ambiente distendido e accesible. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao 982 297 498 ou consultar a web https://www.lugomasxti.org.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar