21:00
Catas sonoras

Catas sonoras

Edición número cinco do ciclo de Catas Sonoras no Museo do Viño de Galicia, cando o museo está a piques de celebrar o seu sexto ano de vida. As Catas Sonoras permiten gozar en directo de música para todos os gustos, dende o jazz aos autores clásicos, a bossa nova, o blues...

A música desfrútase ao solpor, na terraza do museo, nun entorno de viñedo e arquitectura, e finaliza cunha copa de viño para rematar a sesión e parolar distendidamente.

Ángeles Dorrio é unha das mellores voces galegas da súa xeración, con máis de vinte anos adicada ao blues, o soul e o jazz.

Ao longo do verán, o resto do programa é o seguinte:

- xoves 3 de xullo: Mister Cool & Vadim Yukhnevich.

- xoves 10 de xullo: Jimmy Barnatán.

- xoves 7 de agosto: Jeff Espinoza & Gaby Jogeix

- xoves 28 de agosto: Olga Brañas & Susanna Blanco

Fuente: https://museos.xunta.gal/gl/actividade/catas-sonoras-2
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android