21:00
Catas sonoras

Catas sonoras

Edición número cinco do ciclo de Catas Sonoras no Museo do Viño de Galicia, cando o museo está a piques de celebrar o seu sexto ano de vida. As Catas Sonoras permiten gozar en directo de música para todos os gustos, dende o jazz aos autores clásicos, a bossa nova, o blues...

A música deste ciclo desfrútase ao solpor, na terraza do museo, nun entorno de viñedo e arquitectura, e finaliza cunha copa de viño para rematar a sesión e parolar distendidamente. Porén, neste caso a actuación musical acompaña á proxección audiovisual, polo que levarase a cabo no interior; Olga Brañas ao piano e Susanna Blanco ao violonchelo, acompañan en directo á proxección de "The kid", de Charles Chaplin, seleccionada no 2011 para a súa conservación no National Film Registry pola Biblioteca do Congreso dos EEUU como "cultural, histórica e estéticamente significativa".

Ao longo do verán, o resto do programa é o seguinte:

- xoves 3 de xullo: Mister Cool & Vadim Yukhnevich.

- xoves 10 de xullo: Jimmy Barnatán.

- xoves 7 de agosto: Jeff Espinoza & Gaby Jogeix

- xoves 21 de agosto: Ángeles Dorrio

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=148666
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android