18:00 hasta las 20:00
UVA. Xosé Poldras

UVA. Xosé Poldras

A exposición UVA amosa unha carpeta de sete gravados onde o artista, Xosé Poldras, reflexiona sobre o viño e a súa fabricación. Poldras crea imaxes relacionadas coas etapas da creación do viño: a plantación das cepas, a poda, a recollida da uva, a creación do mosto, etcétera.

Xosé Poldras é un artista coruñés especializado na técnica de gravado e Doutorado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. No ano 1989 comeza e expoñer a súa obra en certames e exposicións conseguindo no 2010 o 2º posto no Premio Internacional de Gravado e Viño Fundación Vivanco. Da mesma maneira, levou a cabo exposicións individuais desde o ano 1994 tales como Un sillón con vistas, en Salamanca; Durmintes en Lugo; ou Tanllas, no Museo Etnolóxico. Ribadavia.

Actualmente, parte da súa obra descansa en diferentes coleccións. Atopamos obra de autoría compartida en coleccións tales como a do Museo Reina Sofía de Madrid, do Guggenheim de Bilbao ou da Biblioteca Nacional de Madrid. E, de autoría única, nas coleccións de artes plásticas da Deputación da Coruña e da de Ourense; do Museo Etnolóxico de Ourense; do Museo Majdanek, Lublin, Polonia; da Embaixada de Taiwan en España; da Universidade de Vigo; e do Museo del Vino Vivanco, Briones, La Rioja, entre outras.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android