20:00 hasta las 21:00
Presentación de 'BIBIANO. Cambiar para ser un mesmo'

Presentación de "BIBIANO. Cambiar para ser un mesmo"

Imos rematar maio cun libro que tamén nos fala de música, "BIBIANO. Cambiar para ser un mesmo", da autoría de Carlos Rego.
Un libro que busca rescatar do esquecemento o Bibiano músico, que nos últimos anos da súa vida era máis coñecido pola súa faceta de promotor e organizador de concertos e produtos culturais que pola súa obra musical, e indagar na súa evolución artística de par que se tenta explicar unha evolución persoal fascinante, contraditoria para moitos, desde os seus anos no pop en Compostela ata o apoxeo e ocaso no mundo dos negocios, pasando pola súa actividade en Voces Ceibes.
Carlos Rego (Ourense, 1965) combinou dende moi cedo as cancións (en grupos como Cosecha Roja e Burgas Beat, actualmente en Tesouro), cunha carreira paralela no mundo do xornalismo musical.
Durante os anos oitenta e noventa colaborou na edición ourensá de La Voz de Galicia, en xornais gratuítos como 32 Pistas e fanzines como Otoño Cheyenne e 18 Rodas. Tras pasar por Nordesía, suplemento cultural do Diario de Ferrol, recensionou discos nas páxinas de Tempos Novos.
É colaborador habitual de Ruta 66 desde 2004, e de Cuadernos Efe Eme desde 2022.
Publicou Nuevo Rock Americano, años 80 (2010), Derribos Arias. Licencia para aberrar (2015) e Magín Blanco. O camiño da luz (2019).
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android