Abril é un mes que sempre nos lembra a Portugal pola Revolución dos Caraveis (Revolução dos Cravos), a única revolución que, organizada por militares, foi quen de substituír balas por flores derrocando a ditadura máis lonxeva de Europa. Por isto o día 25, o propio día da Revolución, ímolo celebrar lembrándonos desa data incluíndo o "Grândola Vila Morena" e presentándovos o novo traballo discográfico de Tor, ZIRA.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar