20:30
Ceibe

Ceibe

Ceibe afonda na relación entre o xénero e a nosa tradición, nas súas formas de operar en diferentes ámbitos da cotiandade, incluíndo, por suposto, unha manifestación cultural tan importante como o baile tradicional galego. Trátase de entender que é o xénero para nós como individuos, como colectivo e tamén como sociedade. Ceibe reflexiona sobre as categorías de xénero e os seus estereotipos impostos socialmente, para establecer distancia coa normatividade e arrastrala cara ás marxes, para desde aí propoñer e construír novas formas de entender o corpo e o movemento. A peza cuestiona as identidades de xénero normativas e hexemónicas para comprender e compartir como o xénero opera sobre todos os corpos.

Con María Montero, Aida Tarrío, André Adrio, Artur Puga, Patricia Sánchez, Martín Mondragón, Adela Otero, Cristina Canosa, Adrao Casal.
Dirección artística: Fran Sieira e Sergio R. Suárez
Acompañamento de dirección: VACAburra (Andrea Quintana e Gena Baamonde)
Música orixinal: MounQup (Camille Hedouin). Con cacións de Carlos Quintá e a colaboración de Úrsula Rial

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android