20:30
É difícil fotografar o baleiro

É difícil fotografar o baleiro

Este espectáculo é unha aposta por atopar se existe algo máis aló do corpo. É un cuestonamento poético da verdade, do centro, da transcendencia. A través das experiencias de seis corpos moi diversos atopámonos coa superficialidade da identidade, cunha busca dunha esencia que nunca se pode atrapar. As dinámicas xeradas entre estas seis intérpretes, mergúllan ao espectador nun tránsito entre corpos baleiros e corpos que aluden a intuición, a trascendencia, a ilusión, e que procuran máis aló da súa propia carne. Nunha viaxe entre os cantos gregorianos e a música techno de LLXNTO e Bruno Baw as seis bailarinas móstrannos corpos virtuosos pero humanos , con capacidades extraordinarias pero coas limitacións de ser mortais, margullables e imperfectos.

Interpretación: Martín Sanjurjo, Eloi García, Noelia Mato, Andrea Castro, Iria Casal, Myriam González Autoría: Colectivo D’elas Dirección: Julia Laport Rivas Coreografía: Colectivo D’elas Duración: 60 minutos

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android