20:30 hasta las 21:45
Hasta que la muerte nos separe

Hasta que la muerte nos separe

De Emilio del Valle No escenario un actor, unha actriz e un músico. De idades parecidas, constrúen dous personaxes dos que entran e saen permanentemente: unha parella que se acaba de separar despois dunha longa convivencia na que ambos soñaron acabar as súas vidas xunto ao outro. Teñen unha filla, que fai que esa separación non sexa tal, e que a famosa frase do rito católico adquira todo o seu vigor: “ata que a morte nos separe”. O actor e a actriz falarán de amor e de costume; de diñeiro, de fillos, do pasado, presente e futuro destas persoas; de soños que se fían e rompen; de amor; de verdade e mentira; de facer as cousas mal podendo facelas ben; do que o orgullo non che permite dicir; de fracaso; de aprendizaxe; de esperanza… Hasta que la muerte nos separe reflexiona sobre a parella como constructo social, cultural, económico e relixioso. A filla é obxectivo, pegamento, escusa, xustificación pero, finalmente, sempre ocupa o terceiro lugar. A sociedade evoluciona; a idea occidental da familia, non. A maioría das parellas que rompen, rompen antes de que a morte separe.

Con Jorge Muñoz, Rosa Manteiga / Lidia Palazuelos Músico: Nacho Vera (Capitán Bazofia)

Dirección: Emilio del Valle

Produción de [in]constantes teatro

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android