12:30 hasta las 13:30
Presentación de MITOGALI. O lendario xogo galego

Presentación de MITOGALI. O lendario xogo galego

O sábado 16, ás 12:30 temos unha presentación moi especial, estarán con nós as xentes de Dornavela Edicións para falarnos e facernos unha demostración do xogo MITOGALI.
MITOGALI é un xogo de rol enteiramente galego, pola temática, polo creador, polo deseñador, polo maquetador, pola editorial, pola lingua.
Meigas, mouras, tardos, nubeiros, lamias, urcos, pupieiriñas… son parte das personaxes que poboan o noso rico patrimonio cultural de seres mitolóxicos, seres que forman parte da nosa vida, da vida dos nosos avós e avoas, seres aos que coñecemos grazas aos contos de vellos e vellas ao pé das lareiras, seres que pouco a pouco se están a perder na memoria colectiva, que pouco a pouco imos esquecendo por descoñecemento.
Con idea de que isto non suceda é polo que Dornavela Edicións navega entre a memoria do noso pobo para recuperar a estes seres mitolóxicos en dous formatos: un xogo de rol onde cada personaxe tes asignada unha carta coas súas características e habilidades especiais e un ficheiro complementario onde poder coñecer máis a fondo a cada unha delas, coas súas cousas boas e malas, coas súas rarezas, bondades e maldades.
Se queres coñecer a eses seres que comparten o territorio, a vida, a morte con nós, ven este sábado pola nosa loxa, ficarás encantada, ficarás encantado!
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android