20:30
É difícil fotografar o baleiro

É difícil fotografar o baleiro

É Difícil Fotografar o Baleiro é un espectáculo de danza urbana con creación contemporánea para 6 intérpretes. É a primeira produción para Teatros e Auditorios do Colectivo D'Elas, un grupo de artistas novas galegas con formación en danzas urbanas baixo a dirección de Julia Laport. Este espectáculo xira entorno a idea do baleiro. 

Enfrentámonos ao baleiro dende a concepción de que é este o que permite a mobilidade. O baleiro como espazo necesario para o movemento. Un corpo cheo é un corpo pesado, un corpo inmóbil. O baleiro permite a lixereza do movemento.

Pero, cómo se move un corpo baleiro? Cómo se comporta o baleiro no individuo e o baleiro no colectivo?
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android