20:30
Un momento precioso

Un momento precioso

UN MOMENTO PRECIOSO evoca o imaxinario simbólico do xardín asociado á representación onírica do planeta terra como lugar de refuxio, descanso, pracer, armonía e equilíbrio.

Cando xurde nos soños, o xardín simboliza a prosperidade, a paz e a liberdade, pero UN MOMENTO PRECIOSO transita entre o soño e o pesadelo, o paraiso e o inferno, a luz e a sombra, a construcción e a catástrofe.

O xardín como espazo natural estratéxico no deseño de cidades sostibles e como espazo social ideal onde coexisten seres humanos de diferentes idades, xéneros e clases sociais. Pero como, cando e onde nos sentiremos verdadeiramente libres, en seguridade e en igualdade de dereitos?

A través da relación da música co movemento e a interacción cos elementos da escenografía, revélanse tódolos segredos dunha posta en escena que se fundamenta na dinámica plástica da narrativa teatral.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android