20:30
Donas

Donas

Donas é unha poesía corporeizada, unha alegoría aos aspectos femininos da existencia encarnados no corpo da muller, un camiño en feminino que recolle as voces ancestrais e as ilumina no presente. Fala de facernos capitanas das nosas vidas, da ciclicidade, da vida e da morte, de sexualidade, de fondas feridas interxeracionais, de manifestos, de loita, de sororidade e de amor, sobre todo de amor.

É unha creación sostida pola trascendencia, que navega polo simbólico dando voz aos ecos do subconsciente feminino.

Donas é unha obra circular, próxima ao trance que envolve ao espectador, creando un clima emocional aberto a todo o espazo máis aló do marco escénico e de todas as barreiras.

“Pareceremos as mesmas pero todo será distinto…”
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android