18:00 hasta las 18:00
Exposición | Leopoldo Novoa

Exposición | Leopoldo Novoa

Inauguración da exposición de Leopoldo Novoa
Leopoldo Nóvoa (Salcedo, Pontevedra, 1919- París, 2012) é sen subida, unha das grandes referencias da arte abstracta tanto dentro como fora de Galicia na segunda metade do século XX, Foi ademais dun creador rigoroso, un home reflexivo e profundo que viviu unha longa e prolifica existencia en lugares e circunstancias foi dispares. Foi un artista recoñecido, cunha brillante traxectoria, ainda que no seu pais natal, non é un artista moi coñecido entre o gran público. Precisamente esa idea de difundir o seu traballo e cales son as referencias básicas para entendelo, é o obxectivo da exposición “Leopoldo Nóvoa, o silencio da pintura“, producida especialmente para o Museo Provincial de Lugo. Unha traxectoria que se inicia en Uruguai e Arxentina, continua en París e a concreción das súas claves creativas (1965), o incendio do seu taller no Faoubourg Saint-Antonie (1979) coa destrucción de toda a súa obra e a importancia capital que terá a súa casa-taller de Armenteira (1983) na creación dunha nova linguaxe plástica. Hai que decir que espazo, materia e luz son os elementos dos que sempre se valeu Nóvoa para articular o seu traballo, facendo fincapé nas relacións que se establecen entre eles. +INFO https://comunidadermpl.gal/leopoldo-novoa-o-silencio-da-pintura/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android