00:00 hasta las 00:00
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO | Actividades de verán na RMPL 2023

MUSEO PROVINCIAL DE LUGO | Actividades de verán na RMPL 2023

MUSEO PROVINCIAL DE LUGO | Actividades de verán na RMPL 2023

Desde os catro museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo propoñémosche un programa refrescante cunha morea de actividades para o verán 2023.

Actividades variadas, para todas as idades, propostas guiadas polo afán de aprender e gozar ao mesmo tempo. Unha mestura de coñecementos e entretementos que procuran que a cultura e a historia deste noso país, que procuramos divulgar e transmitir desde as coleccións expostas nos museos da Rede, formen parte das nosas vidas tamén no verán.

Tempo de facer novas amizades, de compartir, de crear e soñar! Se te animas, aquí tes sempre a porta aberta!

+INFO
https://comunidadermpl.gal/actividades-de-veran-na-rede-museistica-provincial-de-lugo/

___________________

CAMPAMENTO DA RMPL NO MPLUGO

Idades: de 6 a 13 anos

Datas: 4, 5, 6 e 7 de xullo

Horario: de 10.00 a 13.00 h.

Prazas: 15

1ª parte cada día de 10.00 a 11.00 h.:

FONTANEANDO: CHÍOS DA REDE MUSEÍSTICA, SOBREVOANDO O TERRITORIO E A COMUNIDADE.

2ª parte cada día de 11.00 a 13.00 h.:

”CORPORIZARTE NA RMPL”

Imparte: Stephanie Cubides Martínez. Licenciada en Artes Escénicas, Universidade Pedaxógica Nacional, Bogotá. Diplomada en prácticas artísticas e construción da paz desde o territorio, especialista no desenvolvemento de linguaxes corporais dende as artes escénicas, clown, danza contemporánea inclusiva e ioga.

Obxectivos:

Este espazo de-formativo é unha iniciativa da RMPL que busca indagar nas relacións que se tecen co espazo museo desde a infancia.

Nestas sesións exploraremos relacións que inquieten as miradas, que deconstrúan as formas de aproximarnos á arte e a cultura e que promovan o benestar dos nenos e as nenas a través do corpo en movemento, para iso usaremos estratexias propias das artes escénicas (danza, xogos teatrais, risoterapia e algunha pirueta que nos/ nos poña a ver o mundo desde múltiples perspectivas) xerando así un espazo de complicidade e xogo creactivo que nos/nos penetre no museo desde o goce e a alegría.

MUSEOS E SAÚDE NA RMPL. PINTURA E CONSCIENCIA

Talleres guiados polo artista Alberto Pena, Licenciado en Belas Artes na Universidade de Sevilla (especialidade de pintura), docente en diversos talleres de arteterapia.

Espazos de autoc-oñecemento onde pintar as túas paisaxes internas. Unha viaxe ao teu interior a través da experiencia fundamental da creación, confiando no que emerxe de forma espontánea, manipulando materiais, investigando no manexo de técnicas e recursos plásticos, con obras de Arte como inspiración. Neste laboratorio experimentarase coa atención ao corpo, cos sentidos e coas emocións, en contacto coa intuición e coa linguaxe simbólica. Descubrirás que creces en profundidade e o compartes cos demais.

Sesión de mañá para crianzas

Idades: de 6 a 16 anos

Datas: 11, 12 e 13 de xullo

Horario: de 10.00 a 13:00 h.

Prazas: 10

Sesión de tarde para adultos

Idades: maiores de 16 anos

Datas 11, 12 e 13 de xullo

Horario: de 17.00 a 20.00 h

Prazas: 10
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android