18:00 hasta las 20:00
Somos Afro!

Somos Afro!

¡Somos AFRO!, é unha exposición producida polo Museo Nacional de Antropoloxía (Madrid), e promovida polo Museo Etnolóxico de Ribadavia. Nesta mostra preséntanse as fotografías de José Luis Simón, quen retrata persoas afrodescendentes residentes en España.

Este proxecto xorde da proclamación do 2015-2024 Decenio Internacional para os Afrodescendentes pola Asemblea Xeral da ONU onde se defendeu a necesidade da cooperación para os plenos dereitos económicos, sociais, culturais, civís e políticos das persoas de ascendencia africana, así como a total participación en todos os aspectos da sociedade.

Os obxectivos específicos citados no Decenio, serían, principalmente, promover os dereitos e liberdades fundamentais das persoas afrodescendentes, seguindo o recoñecemento da Declaración Universal de Dereitos Humanos; promover un maior coñecemento á diversidade e cultura afrodescendente; e, por último, aprobar e fortalecer marcos xurídicos nacionais, rexionais e internacionais de conformidade coa Declaración e o Programa de Acción de Durban e a Convención Internacional sobre a Eliminación de todas as Formas de Discriminación Racial.

Pese a que, a nivel nacional os estados deberían involucrarse en políticas e programas de loita contra o racismo, este compromiso non sempre se cumple. En resposta a isto, o fotógrafo José Luis Simón, leva a cabo unha serie de retratos de persoas afrodescendentes nadas en España, adoptadas ou migradas, que, entre outras cuestións, traballan a favor do recoñecemento e celebración da Afrodescendencia e Afroespañolidade.

José Luis Simón é un artista multidisciplinar, centra o seu traballo na fotografía participando en proxectos como “Mil caras de Dulcinea Siglo XXI” ou na exposición individual celebrada no Palacio Manzanedo de Santoña, en 2019 entre outras.

A proposta expositiva materializase en 27 lonas cos retratos realizados polo fotógrafo repartidas polo casco urbano da vila de Ribadavia (nas fachadas da Casa Banca Nogueira, do Club Artístico, do muro dos Tilos en acceso á capela da Virxe do Portal, da Casa da Cultura, da Casa das Asociacións, do Museo Etnolóxico e no Solar García Boente) establecendo un diálogo entre os retratos e o público, utilizando o espazo urbano como medio para proxectar a mensaxe.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android