22:00
Kobane

Kobane

Proxección fílmica: a obra kurda, Kobane, e contaremos coa presenza de Olmo Couto, director de fotografía da película.

No patio do Museo Etnolóxico
Mércores 5 de xullo

Ás 22:00 horas.
Entrada libre e de balde ata completar aforo.
Proxección en versión orixinal subtitulada (versión orixinal subtitulada español)

KOBANE
Dir. Ozlem Arzêba. Produtora: Comuna de Cinema de Rojava

Zehra é unha comandante kurda que lidera as forzas de mulleres que se enfrontan ao estado islámico que en 2014 controla a metade de Siria e Iraq. O estado islámico Avanzan implacablemente cara á cidade kurda de Kobane. A pesar de todo, Zehra e os seus camaradas non se dan por vencidos ela lidera a ruptura do asedio, marcando o amencer da liberación da cidade.

Unha historia de fe e medo, guerra e resistencia, camaradería e traizón; unha historia de amor, perda, heroísmo e sacrificio xunto coa intensidade da guerra e a revolución.

Trátase da ópera prima da directora de orixe kurda Ozlem Arzêba, a película é unha produción independente da Comuna de Cinema de Rojava, un colectivo de cineastas kurdos que se organizaron para contar as súas propias historias. Rodada Integramente en Kobane, o Norte de Siria, a poucos metros das bombas e protagonizada pola mesma xente que sobreviviu ao asedio da cidade.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android