22:00
JARED JAMES NICHOLS EN CONCIERTO VIGO 'MOMENTOS ALHAMBRA - MAIS QUE BLUES'

JARED JAMES NICHOLS EN CONCIERTO VIGO "MOMENTOS ALHAMBRA - MAIS QUE BLUES"

Din que a alma errante de Stevie Ray Vaughan posuíu a James Nichols.

Jared James Nichols: "Paréceme unha tolemia saber que SRV tocou o seu último concerto a só 1 km de distancia da miña casa. Podía sentir a súa enerxía no aire crecendo. Adoitaba colarme en Alpine Valley coa miña guitarra e tocar o mellor posible, onde estivo el no seu último concerto".

Jared James Nichols demostrou na última década ser un músico excepcional, ten unha voz desgarradora e domina como poucos as seis cordas da súa inseparable Gibson Les Paul. Co seu estilo único, rende homenaxe ao blues clásico que criou desde o berce, pero dándolle un énfase máis rockeiro, crudo e eléctrico. Ten un son propio grazas á súa técnica experimentada de tocar só coa punta dos dedos, sen pico, algo ao alcance de moi poucos.

Sen dúbida, será un privilexio poder contar ao mellor guitarrista dos últimos tempos de volta nunha sala e en distancias curtas. Non esquezades que estamos a falar dun músico que foi patrocinado polo propio Zakk Wylde, e que compartiu xiras e escenarios con bandas como: ZZ Top, Buddy Guy, Blue Oyster Clut, Lynyrd Skynyrd, UFO, Saxon, Glenn Hughes.......

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android