20:30
Rage

Rage

Rage, lanzaron en setembro do ano pasado un EP chamado «Spreading the Infeste», co devandito traballo Rage alcanza a friorenta cantidade de 25 discos publicados. Ninguén pode negar que é unha das bandas de Metal mais prolíficas, mantendo unha calidade nos seus discos e arrasando cos seus directos por todo o mundo.

Tras pasar uns anos desde a última visita en tour, dos alemáns Rage pola península, volven en setembro a pisar España, ademais da capital portuguesa.

Para esta ocasión, cuns invitados moi especiais, como son os galegos Dark Embrace, que tras publicar o seu terceiro disco «Dark Heavy Metal» o mes pasado, e estar a recibir grandísimos elógios por parte da prensa especializada, xunto a grandes críticas polos «metalheads» de todo o planeta. Serán os acompañantes principais de Rage e presentará o seu aclamado novo disco por cinco cidades ibéricas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android