20:30
Bala

Bala

O dúo galego BALA editou o seu último disco ?Maleza? o pasado 2021. Hai xustamente un ano os medios especializados sinalaban este disco, o seu directo e á propia banda, como parte do mellor que lle pasaba á escena nacional neste país durante aqueles doce meses. A rabia, a intensidade e calidade das composicións creadas por Violeta e Anx traspasaron fronteiras desde hai varios anos. Se as viches en directo, non che caberá dúbida de por que todo o mundo fala de BALA como unha das formacións básicas para entender o underground no noso país.

Agora, tras esgotar as entradas en cidades como Madrid ou Santiago, BALA volven actuar na súa Galicia. Será na Sala Rouge de Vigo e no Praia Club da Coruña. Presentando ?Maleza? nunha das últimas oportunidades de poder ver á banda en Galicia antes de que entren a gravar o que será o seu próximo álbum.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android