21:00
Calexico

Calexico

A banda Calexico regresa a Vigo tras 14 anos sen pisar terras galegas. Este outubro de 2023 regresa cunha xira moi especial onde celebrarán os 20 anos dun dos seus discos máis aclamados, o seu cuarto álbum Feast Of Wire.

Desde 1996, levan labrando a traxectoria musical que lles fixo alcanzar o recoñecemento internacional, tanto das críticas como do público. O seu estilo tan característico, unha fusión `perfecta entre o indie-rock, o country e o folk americanos, uníndoos á cumbia, ao mariachi, e ao jazz. Sen esquecer as influencias de Ennio Morricone.

O grupo está liderado por Joey Burns, vocal e guitarrista, e John Convertino, batería, comezaron a tocar xuntos na banda angelina Giant Sand antes de fundar a actual banda Calexico. Compuxeron numerosos hits como Alone again or, Harness the Wind, Banderilla, History of lovers ou Epic.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android