21:00
Terraceo Fest: Boyanka Kostova

Terraceo Fest: Boyanka Kostova

Boyanka Kostova son os pioneiros do trap galego. Cibrán García e Rizo do Funk -Ortiga- desenvolven o proxecto tomando o nome dunha atleta búlgara, aínda que nacionalizada acerbaixana, que practica halterofilia. É un bo exemplo de que a variedade de influencias do dúo santiagués non ten límites.

Boyanka Kostova mete na coctelera a retranca galega, o folclore rexional e os ritmos tradicionais; engádelles sons urbanos, contemporáneos e electrónicos, loops de efectos, samples, caixa de ritmos? O resultado é puro flow rural. Trap de aldea, pero universal.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android