De como non perder a cabeza cando a un empézanlle a proclamar que eres “a voz do pobo”. O fastío e o descreímento asaltan os oídos coa música deste dúo de electrónica-punk nacido en Nottingham, Inglaterra, ao cal o éxito os toma de verdade por sorpresa. Esta é a crónica do envorco que dan as súas vidas proletarias ao pasar de cuspir rabia nos pubs para ser a nova sensación na Gran Bretaña da austeridade (eloxios en cámara de Iggy Pop incluídos). Dúas antiestrelas a quen a conquista das masas no festival de Glastonbury non lles quita a carraxe.
De balde!
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar