20:00
The Microphones

The Microphones

The Microphones (traducido literalmente como Os micrófonos) é un grupo de rock estadounidense orixinario de Olympia, Washington. O proxecto estivo activo de 1996 a 2003, cunha breve reunión en 2007 e unha nova formación en 2019 e 2020.

The Microphones estivo, en todas as súas formacións, liderado por Phil Elverum, principal compositor e produtor dos álbums da banda. A pesar disto, Elverum colaborou tamén con varios músicos locais en distintas gravacións e xiras. Moitas das gravacións de Elverum durante a primeira etapa do proxecto foron distribuídas polo selo discográfico K Records.

Desde 2003, Elverum gravou e actuou principalmente baixo o nome de Mount Eerie. En xuño de 2019 actuou co nome de The Microphones en Anacortes, Washington, e anunciou o lanzamento dun novo álbum para agosto de 2020 co título de: Microphones in 2020.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android