20:30
SON Estrella Galicia: The Natvral

SON Estrella Galicia: The Natvral

The Natvral é o novo proxecto de Kip Berman, o cantante, guitarrista e compositor de The Pains Of Being Pure At Heart. Nestas novas cancións Berman colle a inspiración do folk lírico de iconas do rock como Richard Thompson, Neil Young, Leonard Cohen (versiona ?Suzanne?) ou Ted Leo. The Natvural deuse a coñecer cun EP, Know Móreme, que o selo de Brooklyn Kanine puxo en circulación en outubro de 2018. Neses flamantes temas Kip inxectaba á súa forma de compoñer candor emocional e unha recentemente descuberta intimidade. Máis que un proxecto en solitario ou paralelo, The Natvral serve ao líder de The Pains Of Being Pure At Heart para crear unha música que conecta co son e a substancia da súa vida actual. Desde a gravación do último disco coa súa banda, que tivo lugar en 2016, Berman cambiou Brooklyn polos encantos da cidade universitaria de Princeton, en Nova Jersey. Quería coller a miña guitarra e cantar cancións dunha maneira natural, sen todas as cousas sobre a música que non son música, comentou Kip en relación á súa nova aventura.

O álbum de debut de The Natvral, Tethers, publicado tamén por Kanine en Estados Unidos (e Dirty Bingo en Europa), saíu o 2 de abril de 2021 e confirma esa vontade. Se en The Pains Of Being Pure At Heart compoñía cancións sobre as emocións e males da vida dun adulto novo, agora faio aceptando os cambios na súa (e non só o de cidade antes citado; tamén foi pai por partida dobre) e as transformacións que ve nas persoas que coñece. É un autorretrato en relevo de todo este tempo afastado da vida dun artista en xira, onde un Berman máis hogareño descubriu como espello un son de folk-rock roto e sen adornos.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android