21:00
Amantis

Amantis

AMANTIS conta a historia de M. Un rapaz de barrio obreiro que quere ser influencer, amado, aceptado. Nese camiño topará coas trampas dun universo intanxible no que non todo é o que parece e no que descubrirá que el mesmo non é quen pensaba ser.

A peza explora a brecha xeracional entre nativas/os e non nativos/as dixitais, tentando comprender como inflúen as Redes Sociais, o selfie e o sexting na formación da identidade propia e nas relacións interpersoais.

É un espectáculo unipersonal que conxuga música, humor e acidez convocando aos teatros a diferentes xeracións para reflexionar en común sobre os retos, dificultades e pegadas culturais da era dixital.

Un retrato das novas linguaxes coas que nos relacionamos e de como estas inflúen dun xeito determinante na identidade. Unha ollada desprexuizada e optimista, pero consciente das trampas que a hiperconexión e o voraz enfoque mercantil das RRSS gardan para a liberdade, a intimidade e a igualdade de oportunidades.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android