21:00
Coleccionistas - A arte feita comedia

Coleccionistas - A arte feita comedia

‘Coleccionistas’ chegou aos teatros e auditorios de Galicia a pasada primavera con grande éxito de público.

A contrastada popularidade dos seus protagonistas, os actores Marcos Pereiro, Oswaldo Digón e Santi Romay, unida ao orixinal e particular do espectáculo, favoreceu a asistencia dun público que valorou moi positivamente a experiencia.

Porque se algo ten este espectáculo é a capacidade para sorprender: o público non conta con ser o protagonista, non conta con ter que participar e incluso guiar o desenvolvemento da obra.

Porque é o público quen escolle as obras que comentan os actores, e é o público quen axuda aos acorres a componer a historia que está detrás de cada cadro.

A capacidade de improvisación de Pereiro, Digón e Romay é, polo tanto, fundamental.

En canto á cuestión didáctica e cultura, ‘Coleccionistas’ achega a historia da arte a públicos de todas as idades dun xeito absolutamente ameno.

Todas as obras son reais e coñecidas, delas falan os actores en profundidade, e en función do interese dun maior valor didáctico do espectáculo, unha guía completa con información sobre as obras podería completar a experiencia.

Pero por suposto, ‘Coleccionistas’ é un espectáculo de humor.

Capaz de facer rir durante hora e media a un público absolutamente entregado ao enxeño de tres actores que, acompañados polo músico Cristian Leggiero, non deixan indiferente a ninguén.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android