18:00
Divertimentos

Divertimentos

Espectáculo sen palabras no que a música de Mozart condúcenos en clave de clown polas relacións humanas, poñedo en valor as diferencias como unha oportunidade para medrar dende o grupo.

Un cuarteto de cordas acepta un novo membro para unha representación sen saber que o invitado non posúe as mesmas cualidades e calidades como intérprete. O que nun principio provoca rexeitamento e xuizo de cara o novo compoñente muda en empatía e transixencia, acompañandoo nas suas penurias para que a relación evolua cara a tolerancia, aceptación e incluso que poda modificar a relación entre eles, favorecendo a comunicación, xerando unha nova armonía e permintíndolles rir dos protocolos arcaicos e da aparente excelencia que rodea á música clásica.

Da man do cuarteto Alicerce e Alfredo Pérez Muíño descubrimos os camiños que nos conducen á música de un dos mellores compositores de todos os tempos, Wolfang Amadeus Mozart.

Un divertido proxecto que trata de achegarse ao público familiar dende a música clásica, o humor e a creatividade para adentrarnos na senda da cultura e das artes como camiños á diversión e a un tempo de lecer de calidade.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android