11:30
Zënzar

Zënzar

Zënzar, unha lenda do rock en galego de Cerceda (A Coruña), formados en 1987. Ben é certo que empezaron chamándose Mördor. Son o grupo de rock en galego máis veterano e en activo.

Hoxe en día, quen conta con Zënzar para o seu festival, sala, evento, etc., aposta sen risco, pola profundidade do repertorio, o son contundente e compacto e polo saber estar encima dun escenario, o cal levan facendo desde fai un cuarto de século. Están a levar a cabo nestes anos unha evolución lenta pero segura, abríndose aos poucos a outros ritmos e colaboracións, pero sen perder nunca os seus acenos de identidade: rock en galego.

O seu anterior disco "A Tribo", que conta coas colaboracións de Xurxo Souto, Vituco Neira (Roxe Roxe), Mª Xosé Silvar (ex-Chámalle Xis e actualmente no seu proxecto Xes), Pablo Dalama ( ex-Xochilmica, Mamá Cabra), Gende Beat (o xefe do beat box galego) ou percusionistas como Manolo Suárez e David Bolaño e o gaiteiro José M. Aires. 13 temas rockeiros, estilo Zënzar, con ataques punk, heavys e tradicionais. Falan das súas raíces nunha aldea que morre, da súa condición de galegos sen complexos e dos seus inicios.

En decembro de 2011, Zënzar saca a luz o seu novo traballo "Zënzar ao vivo, Cerceda 09" un DVD que recolle unha presa de cancións extraídas do concerto que deu a banda no Festival de Cerceda 09.En maio do 2012 sae á luz o seu último disco "Vaise Armar", o último traballo de Zënzar, con cancións que falan do capitalismo salvaxe que escraviza a sociedade no tempo que queda libre (vaise armar), fala do estado de malestar, do intento do poder económico e político de romper cos dereitos sociais conseguidos (xustiza) , de como se criminalizan delitos sen importancia e déixanse impunes delitos de estafa e malversación de diñeiro público labores por políticos e empresarios (atraco ou ou reverendo).
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android