11:30
Black acoustic

Black acoustic

Black achéganos á música Soul, a esa música de voces negras que alimentan a alma e a sensibilidade e que, a día de hoxe, só podemos oír, na súa maioría, en vellas gravacións. Black é un proxecto musical coruñés que versiona grandes éxitos da música negra. No seu formato acústico levan desde 2014 amenizando diversos espazos de toda a comunidade autónoma co seu espectáculo Un paseo pola música negra. Black ofrece, en directo, unha visión sensible e chea de detalles e anécdotas das últimas décadas da música negra, da forma na que as cancións nacen, escríbense e interprétanse, da forma profundamente íntima regalándonos unha viaxe polas melodías do Soul.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android